Última actualización: 4/2/12
Onde?: Neuroband + Creación Persoal + Espacio de creación: Música + Espacio de creación: Pintura-Debuxo-Deseño (pinturas Xurxo Romero)
A QUEN LLE DEIXEI O MEU VELLO YAMAHA DX7? CHAMA, POR FAVOR!!! * (OU MÁNDAME UN MAIL A seixas@teleline.es) + e material sobre a miña obra publicada tanto literaria, musical… Pero non só "fría" e "científica" informa (que tamén: textos, crítica, portadas, datos varios…) senón obre o que cantei, escribín, dixen, ¿son? E, máis cousiñas. Por exemplo, se ides ao apartado Literatura, atoparedes material -editado e non editado- de todo tipo. Veredes tamén que, no apartado de Música, á marxe do meu traballo en solitario, aparece unha páxina o máis completa posible sobre o grupo no que máis tempo levo traballando, Korosi Dansas, con discografía, fotos, textos, etc. E, en Madame Mir, podedes achegarvos á maxia deste selo-nave multidisciplinar, abertoti ra tadamemir.com), caía, máe máimemieación e posterior edición e distribución do creado. Do mesmo xeito, no apartado Manuel, haberá aspectos íntimos-persoais, e un oco (non sei de qué tamaño, de qué mundos estraños ou aparentemente claros, ou radiantes de verdade) no que tentarei escribir, "crear" para min e para vós, e no que agardarei os mundiños propios que queirades que vaian enchendo o oco. Para isto estará o Correo, para o que me queirades enviar ou dicir, cousa que agardo fagades tamén nos numerosos "Falade vós de…" que enchen os recunchos desta páxina que pretende latexar. En todo caso, en cada lugar no que entredes, espero que atopedes algo que vos pague á pena (aquí ou nos Links, ou onde sexa). Se non, pois xa sabedes, un segundo da nosa vida, ás veces, é moi grande, creo que máis grande e precioso que toda esta e outras e outras e outras páxinas e redes todas xuntas. Ou non ??