FALAMOS SOBRE “TIRANDO A VERDE”

No mellor momento da Neuroband como grupo compacto, Vituco Neira ofreceunos esta fermosa posibilidade: Gravar unha actuación en directo para o seu programa "Planeta Furancho".

Ao final (por cincunstancias e "casualidades") gravamos a actuación nos KSF Estudos da Illa de Arousa, o 30 de Agosto do 2012.

O formato da banda era o máis sólido naquel momento (botouse en falta a Xurxo e Santi), pero debo recoñecer que naquel momento a formación básica da Neuroband "funcionaba como unha fermosa engranaxe".

Así: Édgar "Koko" Santorum ao baixo, Víctor Karallada á guitarra, Nico Leal á bateria e Manuel Seixas á voz e guitarra, demos un dos concertos máis enerxéticos e "verdadeiros" da nosa vida.

Hoxe é un testemuño do que logo sería "Verde", e, sobre todo, un testemuño de ata onde chegaramos os catro neuróticos naq uel momento. Foi un precioso regalo da vida.

Esa "Neuroband" non volverá , pero aí a tedes.

Manuel Seixas, 2-VI-16

ENTREVISTA PARA "PLANETA FURANCHO" DESPOIS DO CONCERTO