FALARON SOBRE CD “Cordura”

            Aquí atoparedes as críticas e opinións sobre este disco. Pero non farei como nos apartados anteriores, dando opinións persoais ou cualificando, porque Korosi Dansas fomos moitos anos catro persoas, e agora, cinco, e sería un acto impresentable pola miña parte xulgar unicamente, dende o meu embigo subxectivo o que dixeron ou deixaron de dicir sobre unha obra en grupo, colectiva. Por ese mesmo motivo, é lóxico que exclúa o apartado de “símbolos valorativos” que aparece nas miñas obras individuais “Falarei sobre…”

Só unha cousa a título persoal (e creo que expreso o sentir do grupo enteiro): Moitas gracias polas críticas, porque en xeral foron excelentes. Outra cousa é o mercado, vendas, etc…

            No apartado “Historia-Entrevistas”, atoparedes entrevistas feitas ao grupo, referidas ou con alusións a este disco. E aí, de cando en vez, “falamos” cousas, moitas ou poucas, pero “falamos”.

 

            “Sangue, sudor e merda”. “Collendo o título desta canción, podemos resumir a traxectoria deste grupo que fixo revolución dende unha gravación en formato MK. Pois agora o legado desa revolución + material da última MK están na rúa deseñado en CD e editado por Man Records.

            18 cantigas que con axuda productiva de Segundo “Siniestro” Grandío, van ser de novo unha auténtica revolución a ritmo de rock batea. As cancións están evolucionadas e cheas de efectos, que fan de “Cordura” un CD emocionante e sorprendente. O rock batea é unha pócima feita con ritmos galegos, rock euskera e feeling blues. “Azul cielo” para o rock de Vilagarcía”

                        (Xosé Otero: Bambán. Nº Primavera 1995)

 

            “Gallegos de los que ejercen, las gentes de Korosi Dansas muestran el poderoso influjo del eje Siniestro-Reixa en la ácida lucidez de su humor. Funky con grelos, “Muñeirarap” y reflexiones con mucha retranca” «« («=Interesante;««= Bueno;«««=Imprescindible)

(Ricardo Aguilera. El Mundo- La Revista.“Discos: La Revista recomienda”. 21/1/96)

 

“Pop-rock gallego con mucha retranca. Funky “a feira”, letras de doble filo y temas pegados al terruño”.

 (Ricardo Aguilera. El Mundo - La Revista. Top nacional Pop-Rock. 31/3/96)

 

            “El rock irónico de Korosi Dansas”.- “El término que mejor podría definir nuestra música es “Rock de Batea”, porque procedemos de la tierra del mejillón con sabor a gasoil de lancha de contrabandista, y porque nuestras noches están amenizadas con los sonidos procedentes del extraperlo y el desfalco a Hacienda”. “Autodefinición del conjunto vilagarcián “Korosi Dansas”. La mejor manera de intentar diferenciarse de la inextricable maraña de grupos que pululan por las procelosas aguas del rock&roll, es comenzar por establecer una divisa que sirva de continua referencia a la prensa y al potencial consumidor. La veterana banda de las Rías Baixas ha acertado de pleno.

            El humor y la fina ironía como norte; El “funk-metal”, “rap”, o el pop más clásico, los ritmos, … “Cordura” es el nombre de su primer larga duración, producido y en cierto modo apadrinado, por Segundo Grandío, bajista de “Siniestro Total”. El gran mérito que contienen sus historias es el de hablar de las cosas que conocen de cerca sorteando el peligro de incurrir en el desaforado localismo. Impagable la historia del marinero que se enamora de una faneca; real como la vida misma “Desorden en la Ría”; desmitificadora la versión del “Hola Don Pepito” de Fofó y Miliki, en la que tanto Don Pepito como Don José mueren de sobredosis de caballo. “Red Hot Chili Peppers”, “Race Against the Machine” … cualquier referencia es válida. Resulta imposible clasificar lo inclasificable. “Rock de Batea”, lo mejor es escucharlo.

                                   (Paco Castro. La voz de Galicia. “Suplemento Culturas”. 12/95)

 

            “Xa case ninguén lembra que entre o crepúsculo da movida galega e o dogma bravú naceu unha xeración de bandas de rock que desde a estricta independencia estética atrevéronse a predecir un novo porvir para o rock galego. Tal vez o valor desta predicción aínda non se apreciou dabondo. Os tempos non marchan na dirección do plural, da diferencia, ou da honestidade musical e o universo rockeiro galego semella cada vez máis patético. Por iso o título do primeiro compacto de Korosi Dansas, banda vilagarciá daquela xeración, non pode ser máis meridiano: “Cordura”. A decorosa ironía de que fai gala alcanza toda a profundidade da retranca a carón do paternalismo arroutado que infecta o noso entorno musical. Neste contexto os “Korosi Dansas” ofreceron unha lección de presencia escénica e vocación musical. A vis cómica de Josito, o sentir bluseiro de Xurxo e as inquedanzas experimentais de Manuel Seixas, conxuraron unha vez máis o auténtico sentido do rock: o lugar e a ocasión de ser nós mesmos. Como mínimo quédanos a satisfacción de saber que no rock galego aínda hai cabezas tan valiosas como maduras.” (Anuario “Sala Nasa” 95-96. Artigo Presentación do Cd “Cordura” no 25/10/95).