
XANEIRO 2011: SAE Á LUZ O PRIMEIRO DISCO DA NEUROBAND (DESPOIS DA MAQUETA "MICROSE" (2004): "PROCESO AMNIÓTICO"
Pois, á fin, foron tres anos de duro traballo e de longa espera (2007-2010), nos que nos dedicamos sen parar a "regravar"o "PROCESO AMNIÓTICO". PAI MÚSICA deu o seu OK e xa está editado!!, cun libreto ben que fermoso de 18 páxinas e 10 temas para os vosos oídos. Hai moita rabia e enerxía neste disco, moita vida envolta en todo el. Esperemos que vos guste.
MSNEUROBAND ESTARÁ O 13 DE MAIO NA "CULTURA CIRCULA"
EN OURENSE!!
MSNEUROBAND ESTARÁ O 27 DE MAIO NO FESTIVAL DO NORTE!! VÉMONOS!!!
PRÓXIMA XIRA
28 DE ABRIL - A ESMORGA - BOIRO
6 DE MAIO - D-4 - PORTONOVO
13 DE MAIO - A CULTURA CIRCULA- OURENSE
27
DE MAIO - FESTIVAL DO NORTE - VILAGARCÍA
1
DE XUÑO - FÁBRICA DE CHOCOLATE - VIGO
GRACIÑAS MIL MA TOD@S @S QUE O SÁBADO CONSEGUÍCHEDES
QUE O CONCERTO DO "MOUCHO" FOSE UNHA FESTA E UNHA ALEGRÍA REBORDANTE.
ASÍ CALQUERA TOCA!!!
SÁBADO 11 DE DECEMBRO. PUB O CON DO MOUCHO: ILLA DE AROUSA. 00.00H.
(O RETORNO NO 2006!)
CONCERTO
-MSNEUROBAND
COMO PODEDES LER EN HISTORIA, O 2005 FOI FODIDO POR ESCARALLE TOTAL OMBRO. AGORA, REMATANDO FEBREIRO DO 2006 ESTAMOS "AFINADOS" E "ACOPLADOS" PARA COMEZAR A NOSA "XIRA E XIRA" COS TEMAS NOVOS DOS QUE TEDES SUBIDAS XA AS LETRAS E UNHA GRAVACIÓN CASEIRA COS MESMOS EN MÚSICA. A NOSA INTENCIÓN É GRAVAR UN DISCO PARA A POSTERIDADE!!
VÉMONOS NOS CHIRINGOS, GARITOS, BARES, PAVILLÓNS, ESTADIOS OLÍMPICOS, TEATROS REAIS, HE, HE, HE, ETC. , ETC.
ESTAMOS A PREPARAR O NOVO TEMARIO PARA O NOSO SEGUNDO TRABALLO.
Manterémosvos informados.
(O 2005 vai chegar xa! A ver se non é malo para tod@s os neurobandict@s. Bicos.)
29/XII/04
VENRES 30 DE ABRIL 2004. PUB URBANO: ILLA DE AROUSA. 00.00H. CONCERTO -MSNEUROBAND (O retorno. Paso previo presentación Microse) -FUNGO
SÁBADO 5 DE XUÑO 2004. PUB WOODSTOCK: PORTONOVO. 23.30H.
CONCERTO
-MANUELSEIXASNEUROBAND
VENRES 18 DE XUÑO 2004. DISCOTECA YUMA: ILLA DE AROUSA. 00.00H.
CONCERTO
-MANUELSEIXASNEUROBAND
VENRES 25 DE XUÑO 2004. DISCOTECA A PERA: CAMBADOS. 00.00H.
CONCERTO - PRESENTACIÓN CD "MICROSE"
-MSNEUROBAND
SÁBADO 7 DE AGOSTO 2004. O BAO. ILLA DE AROUSA. FESTA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS:
CONCERTO COS GRUPOS:
-MANOLO BACALLAO 22.30 H.
-MSNEUROBAND 23.30 H.
-GURU DEVA
VENRES 22 DE OUTUBRO 2004. PUB HARBOUR: VILAGARCÍA. 00.30H.
CONCERTO - PRESENTACIÓN CD "MICROSE"
-MSNEUROBAND
Á fin volvemos aos escenarios. O 30 de Abril do 2004, na festa despedida do pub Urbano na Arousa, xa con Nico na batera volveu soar msNeuroband. A partir de aí, Faber converteuse no noso mánager, e empezamos a ter concertos con regularidade. ¡Case todas as fins de semana no mes de xuño! A destacar o concerto no Woodstock de Portonovo (gran cea, e grande Chis), e, sobre todo, o do 25 de Xuño no pub A Pera, foi as nosa confirmación como grupo "maduro e compacto", alí estaban Ana (a muller de Rober), o seu irmán Javier, e moit@s d@s colegas que sempre nos seguen e a quen queremos agradecerlles especialmente o seu apoio: Tante, Mayte, Marta, Pablo, Espe, Ale (gracias por levarnos o son e aturarnos, 555), e tant@s outr@s. Sen vós, qué sería de nós!!! ¿E que vai pasar a partir de agora? Ninguén sabe o que vai deparar o futuro, pero estamos traballando para ser cada día un pouco máis grupo, seguiremos presentando "Microse" xunto con temas do "Presentimento" e agora a idea é comezar a traballar nos novos temas para ver de gravar o noso segundo traballo. Non se sabe ata cando, pero a historia continúa! msNeuroband está viva.
Despois dun 2005 cheo de sobresaltos (0 30 de xuño rompín o ombro e tiven que operarme e aínda hoxe Febreiro de 2006, ando coa rehabilitación a voltas), comezamos o 2006 con novos folgos e novos temas dos que podedes ver xa as letras; agardamos actuar dentro de pouco e coa man do noso mánager Faber e doutr@s amig@s, comezar a "rular" por aí adiante ( e co meu ombro, he, he!). Que a NEURO vos/nós acompañe!!!
Tras dous anos de gravación, si, dous anos!! (2007-09), no estudio que Víctor Karallada, o noso guitarra montou na Illa, un luxo de estudio, KSF, fixemos a que foi a nosa toma de contacto antes de sacar o noso real primeiro disco á venda "PROCESO AMNIÓTICO", nun concerto solidario para o S.O.S. KOMAIRA, a causa ben o merecía, aínda que o son non fora o mellor. Agora, xa estamos a toda marcha para que poidades escoitar o noso traballo a finais deste 2009. Que así sexa!!!
XANEIRO 2011: SAE Á LUZ O PRIMEIRO DISCO DA NEUROBAND (DESPOIS DA MAQUETA "MICROSE" (2004): "PROCESO AMNIÓTICO"
Pois, á fin, foron tres anos de duro traballo e de longa espera (2007-2010), nos que nos dedicamos sen parar a "regravar"o "PROCESO AMNIÓTICO". PAI MÚSICA deu o seu OK e xa está editado!!, cun libreto ben que fermoso de 18 páxinas e 10 temas para os vosos oídos. Hai moita rabia e enerxía neste disco, moita vida envolta en todo el. Esperemos que vos guste.