A lámpada alumeaba con cintas vermellas de papel
e baixo ela aparecía impasible unha botella.
Hai un monstro anano, agora,
Seguramente.
Si. De seguro.
Chove nas rúas
Cos dentes arrinco cada folla do calendario
Crin ver un paxaro que me miraba
Formulei a pregunta
dun xeito sinxelo ¿Vives?
Si
Qué pouco significa
esta pregunta - resposta
a non ser que esteas morrendo
E o barco era marrón, azul e branco
e algunhas árbores
e unha palmeira
e casas construídas
seguindo unha ilóxica cubista
e
o sol brillaba tranquilo
e ás
veces reflectía no cristal da ventá
e
magoaba os meus cansados ollos
apoiado
na enorme mesa
da sala de profesores
mirando
de esguello
pola ventá
e o seu cristal
pensando en un
durmir un rato, hoxe,
agora que
fundido estou polo traballo,
durmir
no ceo azul e limpo
facendo o
morto
naquelas augas etéreas
que
se adiviñan
alá,
alá
alá está
o descanso.
Escoitarás un enxame enfurecido
achegándose por entre negras árbores
saberás que a hora do adeus é chegada
impasible agardarás o teu destino.
Se realmente
caese a chuvia
sobre todos nós sobre o mar inmenso
Se realmente a humidade fose máis ca un presaxio
para
todos nós para o ceo inmenso
Se
realmente pingas gordas esvarasen lentamente
sobre
todos nós sobre a pel inmensa
Se
así fose
Remataría
o tempo da erma angustia
o tempo
da seca infernal.
A teima do desasosego
do
persistente malestar
dos cabalos
machucando a cabeza
estrullando
os nervios todos
a teima da xaqueca
implacable
fodida invencible
inmune
a case todo contraataque
pasa
vai pasando pasará
fodida,
polo menos, maldita,
non é
eterna
per aí vén,
volve unha e outra vez
e os ollos
mallados e doentes
e agora a
angustia
as mans tremendo
suor
frío néboa na cabeza
nervios
todos
aguanta, aguanta,
pasará
ou non,
non estás só,
aguanta
o que sexa
o que veña
aguanta
e
medra a base de
sufrimento
e
amor.
Inocencia nun ollar súpeto
entretecido
metade sol metade sombra
arquitectura metálica
mecánica marmórea.
Albanel dos sentimentos
rutina facendo masa
Inocente construcción
albergando o mal
e din que o ben.
Brumas aleitadas, un sexo aberto
profundo cálido
Néboas
agarimadas, un bico novo
mordente alado
Brisas
febles, un cabelo suave
saboroso louro
Perderse
entre sexo bico cabelo
por sempre feliz.
Infección de cristal e rocha
inspección psicosomática
vostede
non ten nada
nada de nada
vostede
hipocondría
nada de nada
nada
de nada sería
baleiro
pero
vostede
ri e chora
non é nada
nada
de nada
é moito
moito
de moito
cheo
vostede
ti nós
infección na inspección
dun breve ser humano.
Entrou o riso
e con el os recunchos todos
de ledicia
os peliños de pel renacida
os olliños de suave bágoa
de ledicia
Entrou o riso
e cambiou o mundo.
Azul
Unha
sombra pálida
Un ceo
Un
inferno interno
Azul
Tristura
e ánimo
Un desasosego
Unha
volta
A través de min
Azul
Ti
estás comigo, muller
Miña nena
grande, ti tamén
Azul
A
cor vai incrementando
O seu ton fermoso
E
sei
Necesito saber
Que
o azul
É fermoso
Moi
fermoso
A pesar dos pesares.
Camiñando con peixes busco a lanterna que alumee o fondo abaixo abaixo abisal fondura non respiro non respiro mais non afogo non afogo estou vivo vivo dun xeito antinatura, atónito, non hai cabaliños de mar hai criaturas do abismo dan medo si pero non medo atroz só hai que acostumarse veña ti podes sensacións adaptación incrustación estrañas no cerebro corazón fígado estómago cheo de bolboretas ser humano mergullado agora arriba arriba subo e subo superficie a auga polo peito e o aire puro límpido cristalino e sobre a miña cabeza un ceo colosal e aves púrpuras inmensas con chiares nunca antes escoitados e as súas ás esparexen un vento de cores e, de novo, o diamante brutal, unha vez máis na miña esta vida, inmenso ante os meus ollos, enchéndoos todos, enchéndoo todo, estou en casa estou fóra?, diamante brilla e alumea, non deixes que as tebras veñan e me cubran diamante brilla por favor, non, non, non serei pobre Syd, volverei unha e outra vez, volverei pesado ou poida que lixeiro como a pluma que cae lenta sobre a lámpada e lenta lenta provoca un lume magnífico que quenta aquí dentro e as chamas invaden todo pero non queiman, non queiman, quentan e lévanse con elas o frío interno. ¿Verdade que vai ser así? Ata logo Soño? Non, estou ben, ben esperto. Vixía, faro. Ata logo. Vivo. Sobrevivo. Vivo.
Podería escribir os versos máis fermosos esta noite
ata
podería escribilos complexos
con arrevesadas
e raras palabras
galego profundo etimoloxía
pureza de raza antiga
palabras
desas que tanto gustan
aos grandes popes.
Podería,
pero non.
Porque ela está triste
por
unha amizade truncada
eu síntoo
eu,
unha vez máis, non estiven á altura
do
momento e circunstancias
pero noto un gran pesar
menor
que o que ela carrexa
e aguanta,
meu
cariniño, miña ñoi
ti non
mereces estas cousas
dalgunha ela, el, eu,
xente
que chaman normal, ha!
Cada día teño
máis claro
Que a xente BOA
non
está feita para este mundo
e facémosllo
pagar
con enormes intereses
a
curto e longo prazo.
O deserto entraba pola porta
todo era seco árido
amarelo brillante que magoa os ollos
o
deserto arrasouno todo
e a vida quedou sometida
torturada
violentada inerte
ata que unha irrefreable chuvia
caeu
interminable tempo
sobre minúsculos superviventes
unicelulares
amebiñas paramecios
e comezou de novo
a evolución constante
e a vida esplendorosa
entre margaridas
e especies multitudes
e
o ser humano tamén volveu
para traer de
novo o gran deserto
que entra polas portas.
A pesar das doenzas
múltiples pesadas
A
pesar da sede
de ledicia entusiasmada
A
pesar dos ollos
lamentos descarnados
A
pesar dos mortos
na memoria non aplacada
A
pesar da inxustiza
con rabia mal tragada
A
pesar do que sexa
A pesar de todo
Aquí estou.
Flor margarida rosa tulipán
ou pensamento lirio
caravel gladíolo
Flor que enchida de cores
apareces
con vida entre cachoadas de vida
Flor,
gracias, bendita sexas
pola auga precisa e a terra máxica.
Os
coches pasan
Atravesan as rúas
A
furgoneta branca o camión azul
Semana
santa
Do desasosego
Chuvia
ansiada
Semana santa
Do
ateo dubitativo e alucinado
Que vai recobrando
o rumbo
Os coches pasan
Furgoneta
camión
Tráfico e morte
Semana
santa
Riso interno
Viaxes DGT informa
Televisión repite repite
Pecado
devoción pasos
Paixón martirio
virxes e cristos
Semana santa
Do ateo mellor agnóstico
Nun suposto estado laico
do carallo
Do medo ancestral
E
as bágoas choran sangre
Da virxe nena
Nunha das estradas infestadas
Medio morta alí tirada
Ao
carón do brillante ferido 4 x 4 que
Rematou
cos seus pais
Rematou
coa súa virxindade
Santidade inocencia
Para sempre xamais
De todos xeitos
Teiman en chamala
Semana
Santa
Amén.
Pingas e pequenos charcos
Humidade recobrada
O
nariz que inhala auga
Berrando baixo a chuvia
Cara
cabelo corpo nu
Empapado entusiasmado
Éxtase
felicidade
Chove dentro e fóra
E
as veas arterias órganos
Suspiran alivio sosego soño.
Prendeu un misto
E incendiou o seu todo.
Cando
fun buscar a calma
Atopei unha nova estrondosa tormenta
Seguir
Ser
ti
Buscar
Apalpar
Amar
Soñar
Dicir SI NON
Poida
que
Ao mellor
NON
SEI
E así pasa
A
VIDA
Buscar unha furtiva esperanza
na lagoa dos beizos afundidos
apurar
o cigarro ata queimar
os beizos solitarios
Buscarte
en cada sombra
orfo da túa luz
dos
teus dedos da túa pel
Buscarme nunha nevada
intensa
que paraliza os meus pasos
afundidos
como os beizos
desesperados desesperado.
Non quero máis bla bla bla
non máis palabras
fáciles
tramposas baleiras noxentas
políticos
economía xustiza
moral papa igualdade.
Non
me tomedes por parvo
políticos infamia
economía aldraxe
xustiza inxusta moral
cárcere
para inquisición renovada
igualdade
falsa
falsos falsos falsos.
Mentres
morra un só neno de fame
mentres unha
muller sexa humillada, violentada
mentres os
cartos duns poucos sexan o motor,
a medida deste
puto mundo
mentres a moral
sexa
inmoralidade pura.
Mentres
tanto
non me digades un
puto
bla bla bla máis
NIN
UN MÁIS!
para tentar convencerme
das
vosas marabillas
PODREMIA!
Está
claro?
ESTOU FARTO!!
A
luz clara do sol
Mais pronto chegará
a tormenta
É simplemente
o que vexo e presinto
E hoxe
nin sequera é unha metáfora de nada.
Noticia (Home mata a muller e fillos cun martelo.- 14-IV-05)
A humidade nos poros
dos miolos atormentados
morte
a marteladas
loucura do becho humano
Que clase de inmundicia somos?
Centrarse. Atopar o punto exacto
de tranquilidade sen máis.
Marabilla tantas veces imposible.
Ceo escuro (outra viaxe interna)
As
nubes negras enchen un ceo que semella carbón, os ollos vomitan pequenos
cabaliños de mar azuismentres se abre a porta dun
ascensor baleiro e baixas a un estraño soto de arañas esquecidas
mortas, cun coitelo na boca atravesas veloz un monte violeta cheo de árbores
que murmuran en alemán e chinés, e de súpeto angustiado no
interior dunha especie de longa longuísima tubaria pola que camiñas
encurvado con enorme dificultade cara á luz cara á luz escuro carbón
dun ceo enchido de nubes negras.
Non
saber por qué
empezou todo
só
a certeza
do malestar
de
facer sufrir
a quen amas
porque
si?
sen motivo lóxico
mal
día mal falar
mal pensar maldicir
Non
saber por qué
e, unha vez máis,
loitar
contra a noite
loitar contra
un mesmo.
Coller un prato. Deixalo caer. Os anacos todos. Ti es o prato. Ti. Anacos. Xa o sabía.
Luz de primavera
arrecendo interno
sol
tímido
ventás abertas
osíxeno
no cerebro
recuperar a fala.
Movemento irrefreablemente acelerado
Acelerar. Acelerar.
Pisar a velocidade vertixinosa
en
cada acto cada movemento
Acelerar. Acelerar.
Ir
contra o reloxo
porque hai que rematar.
Xa.
Onte. Xa.
Movemento aceleradamente parvo
nos
acenos nerviosos na agora imposible
TRANQUILIDADE.
Para.
Para. Non hai présa.
Para.
Se
non rematas hoxe,
rematas mañá. Ves que fácil?
O
camaleón mudou de cor e foi entón cando vin a túa cara. Non
sei falar pero si mirar, por iso perdinme nos teus ollos, entrei por aquelas órbitas
e había un vello libro amarelo e un peixe fritido nunha sintonía
fina e hipopótamos verdes xogando ás agachadas e un cristal roto
nun chan de noces e améndoas. Saín. O camaleón xa non estaba.
Souben, con toda certeza, que estaba namorado. De ti.
Camiño da derrota victoriosa
entre bágoas de esmeralda.
Conseguir
alumear a noite,
pedra de diamante ferinte
no
zapato.
Camiño do labirinto interminábel
Onde se agocha cada intre.
Es fermosa fóra e dentro.
Muller nena filla amada.
Flor
linda, sol que brilla.
O mellor da nosa vida.
Quérote
tanto!!
Querémoste tanto!!
Só
quería que souberas,
por se tes algún
día algunha dúbida,
que es a nosa
máis prezada marabilla,
que confiamos
en ti,
nos teus actos, decisións.
Ti.
Laura. Como es.
Como te vas facendo.
Con
erros e acertos,
como todas e todos.
Miro
esta mañá pola ventá.
Véxote
marchar cara á clase
e os meus ollos aluméanse.
E
creo que es un milagre.
Penso na túa nai
e
síntome afortunado.
Amada muller,
fixemos
este soño realidade?
Filla, non sufras
demasiado,
goza o que precises, vive, vive.
E
ata que a morte veña a chamar
estarei
aquí para ti
e comigo a túa nai.
Miña
nena xa muller.
Canto te quero!
Medrar no límite
Do arrecife mental
Vexetación
equidistante
Entre o abismo e a paz
Pechar
os ollos
Parar o tempo
Cun
lento submarino
Amarelo ou non
Carga
de profundidade
Aturar o estoupido
Agardar a calma.
Só hai pequenos morcegos que miran ser ver. E as lagoas énchense dun líquido escumoso. Ti sabes arranxar os meus fíos. Anxo da garda laico, muller. Veñen as horas da man e o día vai pasando cun certo sentido, cunha lóxica inexacta de afeccións e sorrisos e microorganismos imperceptibles que murmuran nos oídos. Ti traballas nos meus fíos. Gracias, anxo, gracias.
Un
océano de berros
Nos nosos
oídos asoballados
Pola
miseria, inmundicia, inxustiza
Fame,
morte, dor, tortura,
Un océano
de berros
Inocentes.
Asubiando
polos camiños atopei un ollo mudo e entón o silencio nos cubriu
aos dous.
Unha
pedra chumbo
pesa abaixo abaixo
o
estómago estragado
lingua
de cartón pedra
desgana
nos movementos
comida por comer.
Pasa
xa veña,
non sexas mal
amigo,
que quero volver
lixeiro,
normal,
volver comer galletas
tranquilo
e ata fartarme
como o monstro aquel.
A
luz segue alumeando
Todo é
cambiante
Paciencia e esperanza.
A luz queima os ollos
Fluctúa o norte
Paciencia e esperanza.
Fun un ser inútil esquecíbel cero
Fun aquilo
odioso doente cansanzo
Fun todo o que non quixen
E agora son o que podo.
Agora
que o medo corre veloz
Nas miñas
entrañas malferidas
Agora
que semella que o mal
Pode ser
máis grande do que imaxinaba
Agora
que xa non teño barriga grosa
Senón
dor esvelto
Agora debo ser máis
forte ca nunca
Agora debo ter
confianza loita
Agora, eu, Manuel,
sairei desta
Para seguir vivindo
Coas
dúas miñas tan amadas, comigo,
Con
eses que me dan a súa man de amigos
Por
todo, por todo.
Veña,
hostia!
Só un pouquiño
de sorte, paciencia,
Fortaleza
e esperanza sempre no horizonte próximo.
Veña, hostia!
ESTOU VIVO!!!!
E feliz de estar ao lado das miñas
dúas amadas
Espantando o medo gracias
ao milagre
Das boas novas
Agradecido
a todas e todos
Os e as que estivestes comigo
Con
nós
Agradecidos pola vosa amizade presencia
e cariño.
Teño unha segunda oportunidade.
Gracias vida.
Lembra,
lembra, lembra,
A mente é tan poderosa
Tan
poderosa
Pensa positivo, positivo,
Non
te adiantes aos acontecementos
Es moi forte pero
a cabeza
Demasiadas veces pode contigo.
Aprende,
aprende
Non será fácil
Pero
é fundamental
Que non deixes que se vaia
ao negro
Fundamental
Para
vivir
Non máis
Pero
si mellor
Moito mellor.
Sorrir con ela
Coma dous nenos grandes
Miña
loira meu amor
Rodeados de árbores e fumes
De
imaxes e palabras cálidas
Lentas pausadas
paz
Sorrir xuntos
Coa
natureza de fondo
Que dure moito,
Por
favor, que dure
Non
durou moito
O noso común sorriso
Practicamente
un alento
Caín literal
e non literalmente
Rompín
por dentro e por fóra
Mais
agora queda
O traballo brutal
De
lembrar o positivo
De afastar
o inferno
Que me consome
E
volver saber
Que o sorriso
Aínda
agarda por min por nós
Á
volta de cada segundo.
A calor anega toda a paisaxe
Exterior e interior
Intre
tras intre pasan segundos,
Minutos, horas, días,
Intre
tras intre
Cosendo as feridas
Con
paciencia e impaciencia
Con ela
O
tempo flúe caloroso
E eu vou ás
veces revivindo.
Pouco a pouco,
Pouco
a pouco.
Paciencia.
Ver un boli vermello
Unha árbore que se move co
vento
Sentir a auga fría do mar nos pés
Sacar
unha radiografía
Ver os nenos xogar no
parque
Ollar un partido de voleibol na tele
Aporrear un teclado manco do esp