Suponse que Manuel Seixas son eu; e eu debería saber o que me gustaría que atoparades aquí. Pois, o que pretendo é que atopedes información e material sobre a miña obra publicada tanto literaria, musical… Pero non só "fría" e "científica" información (que tamén: textos, crítica, portadas, datos varios…) senón o que eu penso ou o que me apeteza compartir con vós sobre o que cantei, escribín, dixen, ¿son? E, máis cousiñas. Por exemplo, se ides ao apartado Literatura, atoparedes material -editado e non editado- de todo tipo. Veredes tamén que, no apartado de Música, á marxe do meu traballo en solitario, aparece unha páxina o máis completa posible sobre o grupo no que máis tempo levo traballando, Korosi Dansas, con discografía, fotos, textos, etc. E que dicirvos se ides a msNeuroband !!, alí está a miña-nosa última (2002-2005 e máis?) aventura neurótico-musical. E, en Madame Mir, podedes achegarvos á maxia deste selo-nave multidisciplinar, aberto a ti e para ti, (www.madamemir.com), onde cada día, máis e máis madamemiradictos percorren as galaxias da creación e posterior edición e distribución do creado. (Aínda que como veredes isto agora é para min historia que pasou, ilusión do tempo). Do mesmo xeito, no apartado Manuel, haberá aspectos íntimos-persoais:Filosofía, Casa-Vida, Curriculos fríos e quentes e Autorretratos de todo tipo e un oco (non sei de qué tamaño, de qué mundos estraños ou aparentemente claros, ou radiantes de verdade) no que tentarei escribir, "crear" para min e para vós, cada semana!!! a partir do 2005: Creación Semanal ;e outro máis grande no que agardarei os mundiños propios que queirades que vaian enchendo o "súper-oco": Espacio de Creación. Para isto estará o Correo, para o que me queirades enviar ou dicir, cousa que agardo fagades tamén nos numerosos "Falade vós de…" que enchen os recunchos desta páxina que pretende latexar. En todo caso, en cada lugar no que entredes, espero que atopedes algo que vos pague á pena (aquí ou nos Links, ou onde sexa). Se non, pois xa sabedes, un segundo da nosa vida, ás veces, é moi grande, creo que máis grande e precioso que toda esta e outras e outras e outras páxinas e redes todas xuntas. Ou non ??
Agracedementos técnico-táctico-amistade-graciñas mil: A Javier Bouzas por darlle "caparazón" e agarimo a esta páxina. A Cris Pavón, por completala, pelexarse con ela e coas que nola colgan-descolgan, e polo seu bo gusto e a súa calidade. A Luismi, por tentalo e dar ideas (saúdos a Sandra e ao voso "tesouriño").A tod@s @s que mandáchedes ou ides mandar cousas. En especial, felicidades polo seu gran traballo fotográfico e de apoio incondicional a Amebavisión (quérote), e, como non a Xurxo Romero, por tantas preciosidades na páxina. Gracias enormes tamén a José Luiz Oubiña pola miña foto da portada (e no seu nome a todos os fotógrafos que me/nós retrataron: Víctor Mejuto, etc., etc.), e a Roberto Camba, un bico para alá, para o "inmenso e precioso mar" dos músicos. A Santi Frutos por resolver e aturar todas as miñas dúbidas técnicas e por ser tan marabilloso. Á xente de Stin: Santi (qué paciencia mutua con este becho-ordenata), Luís, Ramón, e cómo non, aos que máis se pelexaron co becho: Alberto e Jose. Mil gracias a pesar de que se me vaia colgar agora antes de gardar na..., he, é algo, algo é? de coña. E aos meus Neuroband, e Fungo, ai!!! (Koko-Edgar, Nico, Víctor, Alemán, Faber), que sempre me dan caña para que suba unha cousa máis, e para que siga vivindo musicalmente (mentres aguante a saúde) e para que me siga sentido xoven. Para todas as editoriais e casas discográficas que confiaron en min-nós, medios de comunicación, para to@s @s músic@s ao longo da miña vida, para todo dios bendito que fixo e fai posible que faga o que fago e que algo diso o coloque aquí, neste mundiño virtual. E para tod@s @s meus alumn@s, qué sería de min sen vós. (Sería un home tranquilo, he, he, nin de coña!). Gracias polas traduccións de Presentimento: ao Euskera: Carlos Crespo, ao catalán: Laura Arbiol (bicos lindos para ti, Segundo e a family), ao inglés: Suso Bao (abrazón e un bicazo para quen me mantén vivo tantos días no traballo: Elena), ao alemán: Marta (recordos, para ti e para o Jorge).
Bicos para tod@s @s que non nomeei ata agora (Siro, Stela, Antonio, Marika (¡Marikiña!), Kathrin, Javier Debesa, Chelo, Marita, Carlos, pai, nai, nosa Laura!!, Teo, Javier Camba, César, Jose, Raúl, Fernando, Mikel, Alicia, Mercedes Oliveira, Juan, Nieves, Jose, Ana, Fita, ai Fita!, José, José María, Julián (e toda a súa familia, gracias por aguantar á Neuroband), outro Julián, Javier, Ángel (todos Siniestro), Iván, Dra. Dolores Alonso, aos meus bos profes e tamén aos malos, aprendín moito deles, ui, ui, Marta, Martita, Jose, Bea, Emma, Paco Macías, Manolo Bragado, Alberto Augusto Miranda, Miguel Curra, nosos Josito e Elena, Ana e Doa, Marilar, Manuel, Pepe Sendón, Carlos Couceiro....................) pero que moit@s estades nesta páxina, ao mellor non rodeados de gran deseño ultra flash que te cagas, pero estade seguros que estades rodeados de corazón vivo e @s que non cito por non seguir, porque non coincide que esteades aquí directa-indirectamente, pero que sodes e estades, xa sabedes o que sinto por vós. Así que o voso nome vai comigo, e se non lembro o nome, (porque cada día o tempo vai facendo máis buraquiños e hai alumn@s que sei quen son e o que sinto por el@s, pero non me lembro xa do nome),é igual, vós estades comigo. Biquiños.
Manuel Seixas. 30 de Decembro de 2004.