Gracias á toda a xente que me axudou a navegar por este mundo no que hai tanta borralla, polas páxinas aconselladas (Roberto, Suso, Luismi e tant@s) e polos bos links que tedes en moitas das vosas páxinas.

 

 

 


 

arribaMúsica e arredores

 

 

www.nicedream.8k.com . Para amantes de Radiohead. Bastante completiña e con traduccións das letras.

http://members.tripod.com/~pinkf .Para introducirse no mundo floydiano. E, sobre todo, para amantes dos Pink Floyd (¡eu o primeiro, ben, o segundo coma moito!) hai de todo. Saliento letras traducidas ao castelán e comentarios “filosófico-musicais” sobre os contidos e significado dos discos. (Así se fai!!) O resto: Fotos, historia, etc., etc.. Moi correcta.

http://www.madamemir.com Páxina do proxecto editorial “Madame Mir Eds.” E do estudio de gravación “Fábrica de Luz”. Aínda que agora só son un conselleiro na sombra, igual que Santi e Elena, estamos orgullosos dos libros e discos editados e da calidade do estudio, non só técnica senón humanamente. ¡¡Veña, compañeiros!!

http://www.casadetolos.com Páxina do marabilloso estudio de gravación “Casa de Tolos”, levado polo non menos marabilloso Segundo Grandío. “Presentimento”, “ManuelSeixasNeuroband” e “Korosi Dansas”, debémoslle moito, moito. De verdade, “Fábrica de Luz” está moi ben, pero non deixedes de visitar algunha vez este verde paisaxe sonoro.

http://www.areamasterestudios.com Fantástica páxina dun dos mellores estudios, non só de Galicia “Areamaster”. Sempre agradecido a Anxo Maciel e a tod@s @s que nos axudaron a rematar o “Non!” e a comezar o “Presentimento”.

http://www.siniestro.com/ Web dos “Siniestro Total”. Grupo fundamental na nosa historia da música. Cancións en castelán, pero espírito galego-universal.

www.disciplineglobalmobile.com Se gustas de King Crimson e de toda a súa filosofía. En inglés. Moi bo gusto.

http://www.ingsoc.com/waters/ Páxina denominada “Amused to death”, un dos grandes discos en solitario do meu adorado Roger Waters. Letras, información, novas, fotos, etc.. (En inglés)

http://www.panarellagraphics.com/bjork/ Páxina centrada en Björk. Só a foto de entrada xa paga á pena. Letras, biografía, discografía, enlaces. (En inglés)

http://usuarios.lycos.es/portalesquizofrenia/home.html Para os que gustamos da música especial. Que á fin é a música. Como non: King Crimson de estrelas e moitos máis (non todos do meu gusto, claro). Historia, noticias, concertos, artigos, novidades, bos enlaces, tabulaturas, letras (¡¡Atención: bastantes letras traducidas ao castelán e con interesantes comentarios sobre o disco en cuestión!!) Manifesto, etc.. Problema: que non son todos os que están e non están moitos dos que son. Pero está ben.

http://www.pagina-web.de/fungo/ Páxina que medra día a día, como o grupo da Illa de Arousa. Un dos grupos de maior proxección, segundo o meu entender, e tentando ser obxectivo, a pesar de que parte dos seus membros están en ManuelSeixasNeuroband. Podedes escoitar a súa última maqueta gravada en “Fábrica de luz”, o estudio de Madame Mir. Se tocan por onde esteades, non o perdades: directo potente, sólido e con matices.

http://redhotchilipeppers.iespana.es/redhotchilipeppers/ “Mundo Red Hot Chili Peppers”. Así se identifica a páxina e iso é o que atoparás. Historia, discografía, rarezas, documentos, todo sobre os RHCP. Saliento traducción ao castelán de letras e busca de significados das mesmas.

http://www.petergabriel.com/ Todo o universo do Gabriel, “0 home tranquilo”, nunha páxina de deseño elegante (non podía ser doutro xeito). Verás de todo, tanto de Peter Gabriel como dos seus satélites: Real World e demais. Para estas unhas horiñas vendo cómo se empregan os cartos de música en música. Admirador de Gabriel, sobre todo en canto a inquietude musical e vital, non a podo deixar de recomendar. (En inglés).

http://www.geocities.com/SunsetStrip/Studio/1424/gabriel.html “Peter Gabriel. Más allá de los sueños”. Boa galería de fotos en B/N, traducción ao castelán de “The lamb lies down on Broadway”, así como da historia que aparece no disco (Real e Rael, dende o paleolítico que teño a historia en castelán no vinilo resultoume difícil de entender). Artigo moi rigoroso e bos links.

http://www.genesis-music.com/ Páxina presentada como “official site” do grupo Genesis. Bastante de todo. Para lembrar tempos e memorias de “Supper´s ready” adict@s. (En inglés)

http://starsdie.topcities.com/starsdie_esp/musica.htm

Páxina persoal currada respecto ao rock progresivo. Definición do autor da páxina: “La música es una de mis principales pasiones.. la mayor parte de la música que escucho se enmarca dentro de lo que es el rock progresivo, que debe ser uno de los "estilos" mas amplios y heterogéneos que exista. En esta página podrás encontrar lo que es mi visión del progresivo a través de comentarios de discos y recitales de bandas y solistas afines al género. Si bien algunos han aparecido previamente en las páginas de las listas de correo Castellano-Prog y La Caja de Música, así como en el sitio de Arproch, casi todos han sido modificados e incluso reescritos para este sitio. Adicionalmente he incluido extractos de audio de las bandas comentadas. También encontrarás aquí un vínculo hacia mi página dedicada a Genesis, en que he intentado recopilar información difícil de obtener en la red en sitios en español (o en inglés!) para los fans de esta gran banda”. Efectivamente, ollo aos enlaces, moi válidos!!

http://pf.at4.net/ Completiña páxina sobre PInk Floyd. Todo o básico e ademais “versións MIDI”, “tócalo tu mismo”, etc...

http://www.reonda.com Páxina na que podes atopar multitude de grupos e solistas e escoitar algo deles. Moi ben varios espacios, como os dedicados aos Red Hot ou Travis, por exemplo. Aconséllovos a sección “El garaje”.

http://www.todomusica.org/index.shtml Na sección artistas, ademais de todo o “arsenal latino e español patético”, podes descubrir algo de interese: Bowie, Bob Marley, Springsteen, Caetano Veloso, Jobim, Janis Joplin e ver as súas letras, entre outras cousas.

http://personal3.iddeo.es/acasiopea/ Moi linda e poética páxina sobre Silvio Rodríguez. Pinceladas, discografía, fotografías inéditas, misceláneas. Moi ben “El baúl de Casiopea”, unha homenaxe a poetas, cantautores e cartelistas republicanos españois e tamén unha digna sección de “Carteis da Guerra”

http://www.u2eastlink.com/ Como di no inicio: “todo lo que no puedes dejar de saber sobre U2”. Podes baixar traduccións de cancións en castelán, partituras e moita información, imaxes...

www.vai.com Para os amantes do Steve Vai. (Teño o pracer de empregar unha das guitarras Ibanez Jem que utiliza, a de flores, pero non teño remuíños nos dedos coma el).

http://www.jimi-hendrix.com/ Páxina oficial do guitarrista que cambiou a nosa maneira (polo menos a miña) de entender e sentir a guitarra. Todo e máis, só que en inglés, e xa sabes co control da “familia Hendrix” para ben e mal.

http://www.laurieanderson.com/ Preciosa páxina da especialísima Laurie Anderson. Proxectos, gravacións, bos enlaces. Ide a “Moby Dick”, está moi ben. (En inglés. Así é o “mundo global)

http://www.theskyiscrape.com/ Boa páxina sobre Pearl Jam. O máis especial: a sección “Cancións improvisadas” (letras en inglés das cancións “improvisadas” en concertos). (En inglés).

http://espanol.geocities.com/monopepo/ Páxina en castelán para aproximarte a Pearl Jam. Historia, partituras, imaxes, letras (aínda que para as letras fan enlace con http://www.theskyiscrape.com/)

http://www.pinkfloyd-co.com/mast_idx.html Bonita páxina chea de información e rarezas como exclusivas, xogos, etc., sempre dende o amor a Pink Floyd. Moi recomendable (En inglés, sorry)

http://site.voila.fr/perfectsound/pages/menu/menu.htm Dedicada a Roger Waters. Se che gusta, xa sabes, é un dos lugares que debes visitar (En inglés).

http://www.the-cure.com.ar Dedicada ao grupo The Cure. Información básica pero bastante completa. Boas fotos. Para comezar nas “tebras” dos Cure.

http://www.geocities.com/robert17_cl/ Páxina arxentina sobre “The Cure”. Boa información. Letras traducidas ao “español arxentino”, que é máis bonito. Para cureadictos.

http://www.smashing-pumpkins.8m.net/ Páxina moi completa e en español sobre os Smashing Pumpkins. Noticias, discografía, biografías, historia, xogo, letras (en inglés e traducidas ao castelán). Encántame o apartado “smasharte”, sección “creada para que cualquiera que sea fanático de S.P. y se haya inspirado en su música pueda expresar su idea”. Esa é a maneira de entender o “Espacio de creación” na miña páxina, só que de xeral e sen referencias concretas no meu caso. Moi ben, tíos).

http://www.toolband.com/ Brutal páxina de Tool. Entra e xa o deseño che fará ver que isto é especial. (En inglés)

http://usuarios.lycos.es/toolband/ Páxina en castelán na que te podes introducir no traballo do grupo “Tool”. Tes discografía, fotos e artwork, downloads, FAQ, etc., etc...

www.tropacosmica.org Unha maneira de entender o mundo. Moito sobre Silvio Rodríguez, pero moito tamén sobre a tropa en si: Arte tropero, tropa infantil...

http://www.musimagen.com/ Trátase da “Asociación de Compositores de Música para Audiovisual”. Moi bonita intro, aínda que, ás veces, pode tardar en descargarse. O máis interesante son os links: Productores, Ensino, Tendas, Hardware, MidiFile, etc…

http://www.loureed.org/ Páxina oficial do músico e inmenso poeta Lou Reed. Deseño magnífico. Atractiva web como atractivo Lou. (En inglés)

http://www.geocities.com/Paris/Bistro/6484/ “Página en castellano, aún en conbstrucción, de los Pixies, donde podrás obtener información sobre el último disco de Frank Blak, fotos de la banda y links a otras páginas interesantes”. Algo é algo, ¡ai, os Pixies! Aínda que non é o común, o meu disco favorito é “Trompe Le Monde”.

http://members.ozemail.com.au/~hehird/ Aquí xa tedes algo máis e mellor dos Pixies, só que en inglés. Fantásticos links dos Pixies e máis cousiñas.

http://www.officialtomwaits.com/

Noticias, Biografía, FAQ, entrevistas, música...  Todo sobre Tom Waits(en inglés)

http://www.obyron.com/hue00/tomwaits/tomw01.htm

Algunhas letras traducidas do único Tom Waits. É un apartado moi interesante “Huellas” que te leva aos mundos de Boris Vían, Jim Jarmush..., case nada!!

http://www.jeffbuckley.com/ A páxina oficial dun dos meus máis admirados artistas. O desaparecido tristemente “Jeff Bucley” que morreu afogado “coas botas postas”. Dedícolle poemas á súa memoria. Xa saberedes deles.

(En inglés),

http://www.riff-fanzine.com/grupos/jbuckley.html

Apartado dedicado a Jeff Buckley. Biografía, discografía comentada (“Grace”). En castelán.

http://humano.ya.com/andorla/

“Esta página intenta ser una referencia para todos los Fans
Españoles de Jeff Buckley. Un cantante singular, unico; capaz
de expresar él solo con su voz el mensaje de la canción.
Sin necesidad de intérprete, sentimiento en estado puro;
sólo alguien que le haya escuchado puede saber de qué hablo...
Y para los que no le conozcan, lo mejor es que pasen y vean;
he intentado lo mejor que he podido, siempre bajo el deseo de
dar a conocer a un gran artista que por desgracia nos abandonó.

Eu non o diría mellor. Gracias por compartir algo tan importante, colega.

http://www.riff-fanzine.com

Aquí, no apartado de grupos, tedes material en castelán sobre multitude de grupos e intérpretes interesantes, con discografía comentada (Incubus, Korn, Metallica, Derribos Arias, Neil Young, Iggy Pop, Marilyn Manson, Jane´s Adicction,Nirvana, Rolling Stones, Zen, Tom Waits...)

http://www.marquee.demon.co.uk/

Para entrar nas músicas e xoias incribles do grupo Televisión (de referencia básica para min), e do seu líder Tom Verlaine (qué cantante, qué guitarra, qué letras, qué bo, puff!!) (En inglés)

http://www.geocities.com/SunsetStrip/Show/5251/verlaine.html

Breve biografía sobre “el geniecito difícil”, Tom Verlaine, di a páxina.

http://www.muzikalia.com Portal cheo de información sobre a música independente.

http://www.coldplay.com/

Páxina oficial doe Coldplay, de seguro o grupo actual que máis impacto me está a causar. Marabilloso primeiro disco.

http://www.malevaje.com/

“El rincón de Don Carlos” “Un sitio para los amantes del tango y de su mejor intérprete”. Aí vou eu. Tedes biografía, cancións ( as letras, incluída a fermosísima “Yira...Yira”, filmografía, diccionario e fotografías do amado Carlos Gardel.

http://www.amelgaweb.org Páxina da “Asociacón de Músic@s en Lingua Galega”. Cursos, proxectos, opinións, listado e información de grupos. Inclúe algún tema para escoitar.

http://www.live365.com/ Nesta web podes ter toda a música dende a rede, no sentido de que aparecen todas as modalidades musicais cunha morea de emisoras levadas a diante por especialistas en cada ámbito: rock, hip-hop, soul, world music, trance, blues...

http://www.redbullmusicacademy.com Academia que xunta DJ´S e productores musicais. Un pasote.

http://www.mondosonoro.com/ A vida dixital da revista “Mondosonoro”. Tendencia aperturista, a todo tipo de músicas e sons dentro do pop e o rock. As vantaxes de non estar pendentes só da economía financeira musical.
http://www.allmusicguide.com Páxina para ter unha idea global do terreo musical. Salientables os arquivos.

http://www.allaboutjazz.com Información en cantidade e calidade sobre o mundo do jazz, blues, rythm and blues...

http://www.allmusic.com/ Moitísima información. Discografías recomendadas, fotos,etc...
http://www.movidagalega.com/index3.htm Grupos de Rock e links a grupos galegos, entre outras cousas. Web máis que interesante.

http://www.cotomondongo.com/ A páxina do alucinante grupo do “Doctor Cotomondongo y sus metales preciosos”.

http://www.psicofonica.com/  Boa presentación na rede dunha das formacións máis especiais da música galega actual.

http://www.zenzar.info/ Páxina do grupo galego Zenzar. Bo grupo con boas ideas.

http://www.galicianet.com/real/default.asp

Podes escoltar temas dos seguintes grupos (¡atención Korosi Dansas! Gústanme especialmente Skornabois)

- Violia

 



 

arribaCine e arredores

 

www.petey.com/kk Para os que alucinamos co cine de Kieslowski. En inglés.

http://epujol.webhostme.com/sf/brfaq/brfaq.asp Páxina na que atopas unha digna base de datos bibliográfica temática de ciencia-ficción. Interesante FAB de Blade Runner. Para amantes do xénero que busque información.

www.cinefantastico.com Moi interesante, tanto os apartados de Historia, como os de Artigos, Entrevistas... Concepto moi amplo de cine fantástico. Atoparás un pouco de todo. Atractiva páxina.

http://www.todocine.com/ Moi boa páxina. Práctica e con enorme arsenal de datos sobre o cine en xeral.

http://www.grumpyfish.com/REG/ Para saber do actor Richard E. Grant. Bo deseño e moita información. Para min converteuse nun actor de culto tras ver “Cómo triunfar en la publicidad”. (Páxina en inglés)

http://spanish.imdb.com/  Unha das maiores, se non a maior, base de datos sobre cine que se pode atopar na rede. Cada día van tendo máis en castelán.

http://www.astleybaker.co.uk/ Preciosa páxina sobre dous grandes da animación: Mark Baker e Neville Astley (En inglés)

http://www.racodepedralbes.com/art/sele.php?codigo=303 Ademais de atopar carátulas de cine difíciles de conseguir, tes unha sinopse moi correcta das películas, así como datos rigorosos sobre reparto, galardóns...

http://www.tvropa.com/tvropa1.2/film/dogme95/index.htm O mundo do movemento cinematográfico Dogma 95. Tan controvertido como intenso. FAQ onde se atopan case todas as posibles preguntas sobre Dogma. Tamén Manifesto e demais. (En inglés)

http://www.marilynmonroe.com/ A páxina oficial da indefinible Marilyn. Tes a oportunidade de acceder á paxina en castelán. Boa biografía, galería de imaxes e filmografía. Pódeste deter nas frases, favoritos, etc..

http://www.obyron.com/hue00/huell00.htm

Para introducirse no mundo do gran Jim Jarmush

http://www.imdb.com Se queres ter información sobre películas, directores, actores, etc..., aquí tes toda a necesaria, en plan base de datos.

 

 

 

 


 

arribaFilosofía, Ensino e arredores

www.uab.es Páxina da Universidade Autónoma de Barcelona. Moi interesante o Centre Telematic de Filosofía.

http://www.edugaliza.org/ Web realizada por e para mestres de ensino infantil, primario e secundario de Galicia. Podemos atopar diferentes seccións:en varias seccións: “Obradoiros”, zona de recursos informáticos; “Aulas”, onde están os materiais didácticos agrupados por materias; “Biblioteca: boletín informativo, traductores; “Sala de Mestres” con foros, ligazóns sindicais e informacións de interese. Poder dar unha volta, como eles din, e visitar as exposicións.

http://www.sgep.org/ Páxina do “Seminario Galego de Educación para a Paz”. Din nun momento da súa introducción:

“Hoxe, superada a década de actividade, afirmamos o noso caracter de Organización Non Gubernamental (ONG) galega e universal. Somos membros fundadores, da Coordenadora Galega de ONGs para o desenvolvemento.  Contamos con tres seccións específicas dotadas de recursos propios con documentación  especializada, así como de Biblioteca e Videoteca ecopacifístas.”

http://www.xtec.es/~asarsane/index.htm Moi interesante para traballar coa filosofía na aula. Moi bo o apartado de cinema, no que amosan posibilidades de tratar películas dun xeito filosófico. Rigor e práctica. Multitude de campos: “Pensar”, “Dilemes”, “Jocs”, “Articles”, “Teatre”. En catalán, claro!!!

http://edu.xunta.es/dxpl/egalego.htm Curso multimedia de galego on line.  Ten cousas de interese, sobre todo para o alumnado ou para quen se queira achegar ao galego.

http://www.elestrecho.com/arte-sur/index.htm Valiosa páxina sobre o arte rupestre do extremo sur da Península. Moi aconsellables os apartados de Arte Paleolítico e Postpaleolítico e a posibilidade de visitar covas virtualmente. Tamén está ben o apartado de tratamento de imaxes por ordenador.

http://www.cibernous.com/autores/index.html Útil páxina para a Filosofía. Bastantes autores traballados, cos seus elementos de teoría, praxe, xogos, test, etc.. Atención aos enlaces: Moi interesantes!!!!

            Cito listado dos que aparecen (algún está nos meus links):

http://www.cnice.mecd.es/index1.html Páxina do “Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa”. Salientables apartados da Educación: Medios audiovisuais, Televisión Educativa, Tecnoloxía (Ferramentas informáticas e Telemáticas) e Aula (inclúe software educativo).

http://www.cesga.es/ciug/ “Comisión interuniversitaria de Galicia”, CIUG. Para tentar ter novas do que está a pasar coas PAAU e supoño que coa “querida reválida”. Poderían ser máis áxiles na información e demais, pero éche o que hai. En Filosofía, atopamos os Grupos de Traballo, ás veces, tan perdidos coma nós.

http://www.pntic.mec.es/mem/claves_evolucion/# “Claves de la Evolución Humana”. Páxina dirixida por Juan Luís Arsuaga e o seu equipo da UCM. Especialmente interesante para o tema da hominización. Inclúe guía do alumno e link á web de J.L. Arsuaga.

http://www.citania.org/oe/  Recursos na rede para alumnos, educadores e familias. Estupendos e básicos enlaces. De moita axuda.

http://perso.wanadoo.es/icsalud/home.htm Páxina que se centra na Introducción ás Ciencias da Saúde, pero de aplicación moito máis ampla. Aparecen tamén Ciencias da Terra e Medio Ambiente, artigos xenética, actividades... Moi correcta información sobre o corpo humano en xeral. Útil para Filosofía de 1º Bacharelato. Inclúe pequeno diccionario etimolóxico. No apartado do Sistema Nervioso, temos tamén “Trastornos Mentais” e información sobre os pioneiros da investigación do S.N.: Ramón y Cajal e Camilo Golgi.

http://www.geocities.com/Athens/Forum/8886/tsld003.html Páxina de Germán Uribe, Colombia, sobre Sartre e o existencialismo. Correcta e cun ton moi propio, senón ollo ao seu apartado: “Sitio para mi Sartre. También cabe el suyo”

http://personales.ciudad.com.ar/M_Heidegger/index.htm Páxina titulada “Heidegger en castellano”. Queda claro: Textos, comentarios, foros, bibliografía e links de interese. Salientable a cantidade e calidade dos comentarios sobre o controvertido e complexo filósofo.

http://www.nietzscheana.com.ar/ Da mesma entidade da anterior páxina. “Nietzsche en castellano”. Textos, comentarios, fotos, cronoloxía, música, bibliografía, bos links. Podemos clickar e visitar a “Sociedade Iberoamericana de Nietzsche” ou a revista “Instantes e azares”.

http://fai.unne.edu.ar Páxina arxentina da “Universidad Nacional del Nordeste” e da “Facultad de Agroindustrias”. Contén lugares moi interesantes e atractivos, como os “hipertextos de bioloxía”, artigos, a “Sociedade Argentina de Botánica”, etc...

http://www.ugr.es/~amenende/docencia/historia%20de%20la%20ciencia%20biblioteconomia.html  Páxina do profesor Alfredo Menéndez Navarro dedicada á Historia da Ciencia e á documentación científica. De utilidade, entre outras cousas, para Filosofía da Ciencia.

http://www.webdianoia.com/ Moi útil!!! Titulada “La Filosofía en el Bachillerato”, é de gran interese para profesorado e alumnado de Filosofía I e II de Bacharelato. Filósofos, textos, exercicios, cómo estudiar, Fª Antiga, Medieval, Moderna, Contemporánea, etc.. Hai autores cuns enlaces moi valioso e aproveitables. Un exemplo: Platón: enlaces a sitios con textos íntegros das súas obras.

http://www.mtas.es/mujer/default.htm Páxina do “Instituto de la Mujer”. Para seguir atentos ao mundo da muller e á súa problemática xeral e concreta sen resolver.

http://www.jaras.com/index.htm “Jaras Imagen Didáctica”. Páxina para mercar VHS, CDR, DVD ou folletos didácticos e culturais; algúns moi correctos para o seu uso na aula.

http://www.lacavernadeplaton.com/ “La caverna de Platón”. A súa propia definición: “Un lugar de encuentro para todos los interesados por la filosofía, realizado especialmente por profesores y alumnos de enseñanza secundaria”.

Artigos e fontes, actividades dende a aula, Hª da Fª, Arte e Fª, reseñas e críticas de libros, miscelánea, foro de noticias, philo-chat e a posibilidade de visitar as comunidades virtuais: “Filosofía Moral y Política en español” e “Filosofía y Arte en español”.

http://www.monografias.com/ Moi correctas e proveitosas monografías en xeral. De Filosofía, atopamos 131 (inclúe apartado Mitología), que nos aportan unha visión particular de autores. Útil para o alumnado. (Ademais Política, Literatura, Matemáticas, Psicoloxía, Computación, Biografías, Arte e Cultura, etc…).

http://www.filosofia.org/ “Proyecto Filosofía en español”. Completa páxina sobre Filosofía. Autores, Monográficos, Revistas, Discusión, Hemeroteca, Diccionario Filosófico. Atractivo o proxecto “Lechuza”, base de datos para busca de documentos. Na definición da páxina queda claro o proxecto (teima demasiado no do “español”): “El Proyecto filosofía en español pretende potenciar el desarrollo, la difusión y el conocimiento de la filosofía construida y pensada en la lengua que hablamos cientos de millones de personas. Le invitamos a formar parte y colaborar en una iniciativa que quiere ser tan universal e internacional como lo son sus vehículos principales: la lengua española e internet”.

http://www.hawking.org.uk/ Páxina do profesor e famoso científico-escritor Stephen Hawking. Versión web en texto e gráfica. Para seguir buscando buracos negros e, como non, preguntas metafísicas a partir da astronomía ou a física. (En inglés)

 

 

http://www.xunta.es/ Son os nosos xefes, ¿non? Para ver qué se anda cociñando polas alturas educativas e demais.

 

http://www.galego21.org/index.shtml Recursos Educativos ¡¡en galego!!: Ciberlingua, Programas traducidos ao galego, software para a lingua deste curruncho. Ben!!

http://www.obyron.com/hue00/huell00.htm

Lóxica , pasatempos lóxicos e humor. Como di na páxina: “¿Quién dijo que la filosofía era aburrida?

 

 

 

 

 


 

 

arribaBuscadores

www.vieiros.com O lugar galego para atopar e atoparnos.

http://www.google.com/ O que máis emprego. Moi correcto

http://www.google.com/intl/gl/ Tamén en galego!!

http://www.galiciacity.com Galicia en Internet. Correcto.

http://www.u-lo.com Bo buscador galego

http://www.xanela.com/cgi-bin/usr.pl/recursos?res=800 “Observatorio urbano do Eixo Atlántico”

http://es-es.altavista.com/ Correcto buscador en castelán.

http://es-gl.altavista.com/pos/babelfish/trns Altavista en galego

http://www.trovator.com/ Correcto.

http://www.yahoo.com/ Dos máis usados.

http://www.msn.es/ Bastante correcto.

http://www.lycos.es Tamén bastante útil

http://www.buscaya.net/index.htm Por se queres probar sorte con outros, aquí tes un listado de buscadores españois, temáticos, internacionais...

 

 

 

 

 

 


arribaLiteratura e arredores

www.ctv.es/USERS/luz Páxina O CU DO MUNDO. Chea de material moi proveitoso. Galego puro.

www.terravista.pt/Enseada/2991 Mares de Simbad, a páxina do poeta Rafa Villar. Preciosa.

www.luagris.net Páxina do poeta Eduardo Estévez. Boa poesía e moito máis.

http://www.epdlp.com/index.html Encántame esta páxina. Xa o título semella de Gorxias: “El Poder de la Palabra”. Eles resumen os contidos perfectamente:

“El Poder de la Palabra es una web dedicada a la prosa poética, en ella encontrarás fragmentos de más de 2.000 textos literarios, así como la biografía e imágenes de sus autores....Para acompañarte en la lectura podrás ver también...obras de arte, imágenes de arquitectura y pasajes musicales de famosos compositores”

http://www.finisterrae.com/batallon/index.htm  Páxina do  “Batallón Literario da Costa da Morte”. Publicación do seu boletín “Feros Corvos”, do libro “Nós”, do libro galego-cubano "Mar por medio” e tamén Lugares, Natureza, Contos...

www.ctv.es/USERS/mforca O xa clásico Ximnasio de Academo de Manuel Forcadela. Impresionante chea de información e ligazóns.

Sinalo, algunhas, só algunhas das ligazóns que podedes atopar na súa páxina, e a súa propia descrición (morro):

soc.culture.galiza: páxinas previas á creación do primeiro newsgroup galego

E TI O NAVÍO NA NOIVA NOITE. Gabinete virtuoso e virtual. Páxinas do escritor e poeta Gonzalo Navaza.

Intermínims. Versos bilingües galego-cataláns do poeta Ramón Dachs.

Vigo. Patrimonio cultural e natural. Páxinas organizadas por Rafael Ojea.

Andainas. Revista da Asociación Galega de Editores.

Jornal de Poesía. Fascinante páxina Web que nos chega desde o Brasil con obras de ¡¡1.000!! poetas luso-brasileiros.

Revista brasileira de hai kai (haikus).

Jornal de Contos. Outra fascinante páxina Web feita no Brasil.

InterLetras, Revista de Crítica e Literatura en Lingua Castelá.

Carlos Drumond de Andrade.

Xunqueira de Ambía (páxinas de José Manuel Mora Rodríguez González)

Speculo, unha magnífica revista de literatura en castelán feita pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.

A Arañeira, enderezos de interese, o dial de Galiza.

L.E.M.I.R. Literatura Española Medieval e do Renacemento.

Amanita Muscaria, fermosísima páxina Web con poemas de Eduardo Pinheiro, Portugal, autor que manexa igualmente unha interesante páxina sobre Aleister Crawley en portugués.

Literatura Portuguesa, unha historia da literatura irmá feita en formato Web.

¡Case nada, verdade!

 

www.storm-magacine.com Revista portuguesa que nos indica culturalmente o por qué de "menos mal que nos queda Portugal".

http://cvc.cervantes.es/portada.htm Páxina chea de información sobre obras en español. Hai moito máis que iso: museos, “Aula de Lengua”, “Obras de Referencia”, seccións diarias e moito máis.

http://www.poemas.net/index1a.htm Podes atopar moita poesía. Autores concretos (Marical Mayor), aínda que eu recomendo que vos pasedes pola “Revista Literaria”

http://www.poesia.com/ Páxina de poesía latinoamericana. Talleres, foros, poesía e prosa inédita, cadros, etc....

http://www.andelvirtual.com/ “Librería virtual e física especializada no libro galego e música de Galicia”. Un dos lugares máis activos e sempre atentos á nosa creación. Non só é negocio, senón compromiso e axuda. Gracias.

http://www.xerais.es/ Unha das grandes editoriais galegas, chea de obras de referencia básica no mundo literario galego e posteriormente, nalgúns casos, no internacional. Podedes atopar autores, novidades, materiais educativos (moi bos algúns de Filosofía), e ¡ata as miñas novelas! Agradecido sempre.

http://www.letrasdecal.org/ Aposta pola nova poesía galega. Unha maneira de enfrontarse ao duro terreo da edición. Grandes libros publicados, como “A primeira visión”, de María Lado. Boa e comprometida xente. Agradecido.

http://www.tijean.freeserve.co.uk/ Completísima páxina sobre Jack Kerouac. Biografía, biliografía, material multimedia, fotos. (En inglés)

http://www.cmgww.com/historic/kerouac/ A “páxina oficial” de Kerouac. Escritos, biografía. Bos enlaces. (En inglés)

http://www.cumio.com Páxina de “Edicións do Cumio”, editora loitadora, comprometida e de gran axuda para o proxecto “Madame Mir”. Gracias mil, Cándido po todo o que fixeches por nós. Sorte.

http://www.corevia.com/~sotelo/index.html Páxina da editorial “Sotelo Blanco”. Magnífica a súa filosofía:

“Nacionalismo, independencia e progresismo, é a tríade de características que poderían definir Sotelo Blanco Edicións. Nacionalismo, porque -editorial certamente galega- os seus obxectivos céntranse na recuperación e normalización do idioma e a cultura galegos. Independencia, porque ningún grupo ou lobby económico, político ou social, ha ter xamais a posiblidade de, xa non impoñer, senón sequera intervir na súa liña ou na súa política editorial. Progresismo, porque -fóra xa de non publicar textos reaccionarios- o criterio de edición  sempre ha de basear na calidade literaria dos orixinais, sexa cal for a súa procedencia.  A inter-relación destas tres características definitorias significa, entre outras cousas, que o obxectivo primeiro da editorial, e sen xamais perde-lo pé na realidade, na viabilidade económica, non é o lucro, senón achegala lingua galega”.

http://www.anosaterra.com/ Aciva a partir do 17 de Outubro do 2002. Podes baixar material en pdf polo momento.

http://www.kalandraka.com Preciosa páxina. Tan fermosa como as súas edicións. Detalle: galego, castelán, catalá, euskera, inglés. Ben!!

http://www.udc.es/dep/lx/cac/sopirrait/ Revista galego-portuguesa de “pensamento, crítica e criaçao”. Bo deseño.

 

http://www.editoresgalegos.org Páxina da “Asociación Galega de Editores”. Oxalá algún día “Madame Mir” poida cegar a editar o suficiente como para pertencer a este colectivo. En todo caso, xa sabedes que eu agora só vexo “Madame Mir” dende os arredores, pero sempre con cariño. Sinalo cómo se entende a Asociación nas súas propias verbas:

“A Asociación Galega de Editores foi creada no ano 1983 para apoiar como organización profesional a iniciativa empresarial da edición en lingua galega, unha vella lingua romance con máis de mil anos de historia. Dende entón representa e presta os seus servicios a 23 editores de libros, música e multimedia, formando parte da Unión Internacional de Editores a través da Federación de Gremios de Editores de España. A AGE promove e defende o dereito dos editores a publicar e distribuí-los traballos da creación en completa liberdade. Cos seus socios -autores, ilustradores, traductores, libreiros, bibliotecarios e impresores- a AGE participa activamente en campañas de promoción do hábito da lectura, incentiva a novos autores e editores e favorece o intercambio de creacións intelectuais máis alá dos límites nacionais. O respecto á propiedade intelectual como estímulo da creatividade é outro dos seus obxectivos -que verá incrementada a súa importancia na nova era da información”.

http://www.obyron.com/hue00/huell00.htm

Aproximación ao mundo do un dos meus escritores de “cabeceira”: Boris Vían.

http://www.terra.es/personal4/festadapalabra/ Algo máis que unha revista, por iso, aparecerá tamén en “Loita”. Como di na web: “A Festa da palabra silenciada é unha revista de cultura, producida por Feministas Independentes Galegas e dirixida por María Xosé Queizán, que sae á luz no ano 1983 co propósito de sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento. Ata o ano 1998 foi elaborada integramente por mulleres, desde o deseño e maquetación, a realización, as colaboracións e o material gráfico”.

http://bvg.udc.es/index.jsp a “Biblioteca Virtual Galega”, unha gran fonte de recursos, información e máis. Presentación da propia web: “O único importante é que teñamos os mesmos obxectivos:

·        Difundirmos a Literatura Galega.

·        Ofrecermos a escritores e escritoras unha nova canle de publicación.

·        Facilitarmos a comunicación entre o público lector e os escritores e escritoras.

·        Posibilitarmos que novos valores se dean a coñecer a través da Biblioteca Virtual Galega.

·        Apoiarmos calquera forma de manifestación artística galega.

·        Contribuírmos á normalización da nosa lingua e da nosa cultura”.

 

 

 

 

http://www.hemerodigital.unam.mx/ANUIES/itam/estudio/estudio02/sec_53.html    Eu estudiei Filosofía en gran medida debido á lectura de “O estranxeiro”. Nesta páxina faise unha rigorosa análise de literatura e filosofía camusiana. Dividen así a súa obra en tres apartados: Naturalista, filosófico e ético. Por José Rubén Sanabria. Unha aproximación a alguén que como moi ben dixo Fernando Savater (plenamente acertado nisto): “Hay ciertos escritores por los que sentimos algo que  no puede ser descrito como admiración o interés sino que merece ser llamado amistad”.

http://www.uned.es/ca-bergara/ppropias/vhuici/phte.htm Páxina que recolle un bo, extenso e fondo artigo sobre o meu admirado Peter Handke (“El peso del mundo” e “El miedo del portero ante el penalty” cambiaron a miña estructura interior), titulado: “Peter Handke: otros tiempos, otros espacios”. Feito por Vicente Huici Urmeneta ( UNED-Bergara), ten unha dedicatoria fermosa: “Para Aintzane, con quien compartí, entre muchas otras cosas, la pasión por  Handke”.

 

 

 

 

 


 

arribaLoita e arredores

www.redesescarlata.org Páxina de aquel@s que queremos cambiar este mundo "global".

www.rebelion.org Páxina para seguir loitando. Bos artigos e información, dos que non atopas na prensa ou nas teles. Para @s que apoiamos os movementos antiglobalización e tantas outras cousas.

http://galeon.hispavista.com/arousa/plataforma.htm

Esta plataforma naceu para protexer a ría de Arousa ante o proxecto da instalación duns depósitos de hidrocarburos no porto de Vilagarcía. Temos os depósitos, inmensos, “os depósitos de Ferrazo”, temos o de sempre... A páxina conta cun amplo dossier informativo.

http://www.cesalnes.com/ “O Colectivo Ecoloxista do Salnés é unha asociación que ten como obxectivos a defensa, estudo e divulgación dos valores do medio natural na bisbarra do Salnés e especialmente nos concellos de O Grove, Sanxenxo, Meaño e Cambados”.

http://www.eutanasia.ws/cgi-bin/index.cgi Páxina da “Asociación Derecho a Morir Dignamente”. De visita obrigada para @s que loitamos pola diferencia entre “vida” e “calidade de vida” ou “vida digna”. Liberdade para vivir con dignidade, liberdade para morrer con dignidade.

http://www.saharagalicia.org/Colectivo humanitario de axuda ao Sáhara. A páxina contén noticias, campañas e numerosos documentos relacionados con esta comunidade que loita polo seu. (“Frente Polisario”, liberdade para un pobo que non a ten. Isto dígoo eu, eh?)

http://www.eurosur.org/RACIS/ Páxina contra o racismo, xenofobia, antisemitismo, intolerancia... Baseada no lema “Somos diferentes, somos iguais”. Interesante Guía de Recursos Didácticos. Para @s que buscamos unha sociedade tolerante non represiva.

http://www.che-lives.com/ Boa páxina para manter o espírito vivo do que puido ser e non foi. O che como epicentro. Aínda que apareza en inglés, parte do fundamental está en castelán: biografía, radio rebelde, discursos do Che, arquivos de vídeo...

http://www.terra.es/personal4/festadapalabra/ Se está no apartado de literatura e arredores, non pode menos estar no de loita e arredores. A súa tarxeta de presentación: “A Festa da palabra silenciada é unha revista de cultura, producida por Feministas Independentes Galegas e dirixida por María Xosé Queizán, que sae á luz no ano 1983 co propósito de sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento. Ata o ano 1998 foi elaborada integramente por mulleres, desde o deseño e maquetación, a realización, as colaboracións e o material gráfico”.

http://www.legais.org/ Páxina do colectivo de lesbianas e gais de Vigo. Web informativa: actividade, servicios, filmoteca, videoteca...

 http://www.andainamulleres.org/ Revista Galega de Pensamento Femenino, de longo percorrido. Podes ver edicións antigas, o último número, entrevistas, debate, experiencias, reportaxes, sempre dende o ámbito da muller. Na web “antiga”, digamos, dicían o seguinte: “Desde o ano 1983 até agora andaina ten as súas páxinas abertas aos debates do feminismo, as denúncias pola discriminación, ao intercambio de experiéncias. Unha revista feita por mulleres feministas desta parte do mundo que se chama Galiza”.

http://www.feminismo.org/mng/index.html Web de mulleres nacionalistas galegas. Na páxina está claro: “Feminismo, Nacionalismo e Anticapitalismo”.

http://personal.redestb.es/acac/legalizag.htm Páxina de LeGaliza “Colectivo Cannábico Galego”. Tema complexo, pero no que a nosa sociedade actúa con hipocrisía: alcohol, tabaco, si, maría e “porros en xeral”, non. ¡Ui, ui! Sexamos serios neste debate algunha vez. Educación, control, rigor, ¿prohibición? Así é cómo se presentan: “LeGaliza (Colectivo Cannabico Galego) é unha asociación legalmente constituida no ano 1997, que ten como obxectivos o estudio do canabo e os seus derivados (Haxixe e Mariguana, principalmente) e a defensa do dereito o seu consumo libre por calquera persoa adulta. Como recollen os nosos estatutos, no constitue obxectivo de LeGaliza promove-lo uso de

ningunha substancia.”

http://www.terra.es/personal/angalicia/ Asociación Naturista de Galicia. Información e fotos sobre as praias e lugares galegos nos que se pode andar nu. Ligazóns naturistas. ¡E pensar que aínda haxa debate polo nudismo! ¡Deus! Nunca mellor dito.

http://www.lahaine.org/ “Proyecto de información alternativa, acción directa y espacios de poder alternativo, movimientos sociales, contrainformación y anarquismo”

http://www.geocities.com/WestHollywood/9463/ Web do “Colectivo Gai de Compostela”. Di na páxina: “As actividades do Colectivo Gai de Compostela son variadas. Todas están encamiñadas a acadarmos unha igualdade total de direitos civís entre heteros e homosexuais,e tamén buscan acabar con todas as manifestacións homóficas”.

http://www.greenpeace.es/hpage/home.asp Páxina española desta famosa organización ecoloxista internacional, que conta con presencia en Galicia. Campañas, información relacionada co medio, etc...

http://www.fillos.org Realidade en estado puro. Proxecto de gran valor.

http://www.griesca.org Contrainformación crítica na rede. Boa falta fai

http://www.nodo50.org/ Proxecto de “contrainformación telemática” referido a movementos sociais. Amplitude política, debate con pensamentos enfrontados, busca de alternativas...

http://www.sindominio.net/ Tentativa de liberdade comunicativa na rede, na propia esencia de Internet.

http://web.jet.es/feg/ Web da “Federación Ecoloxista Galega” Agrupa a maioría das organizacións que traballan a prol do medio ambiente no país. Abondosa información sobre a loita ecoloxista en Galicia, campañas, notas de prensa e o boletín cuadrimestral Terra en formato pdf con variedade de artigos.

 

 

 


 

arribaMacedonia, arte xeral (cómics, fotografía...) e froitas varias

www.concellodesandias.com Web sobre o consello de Sandiás. Esta web non oficial contén apartados adicados á cultura popular (lendas, tradicións), á historia local, a lagoa de Antela, galería de imaxes (fotos) e unha recompilación de artigos sobre A Limia de V. Risco, O. Pedrayo, A. Cunqueiro, Taboada Chivite, etc.
http://www.culturagalega.org/index.php
Portal galego básico para saber onde, que, para...  Encántame a sección “Anxos de garda” da miña querida Anxos Sumay. Paréceme de interese a exposición da súa filosofía: Na actualidade, culturagalega.org é o sitio de referencia da cultura galega en Internet. Creado polo Consello da Cultura Galega, unha institución cun considerable peso e prestixio no país, tentamos sempre saír dos despachos e camiñar pola rúa. Unha das nosas premisas de traballo máis importantes é que debemos estar na rede para todos e axudar a que os usuarios aproveiten o portal para aprender máis e máis sobre as novas tecnoloxías. Toda Internet é dos homes e das mulleres”.

http://www.goguetoons.com A web do humorista gráfico Gogue. “Goguetoons”

http://www.terra.es/personal7/jfm00012/todo/emma/comic.htm

Versión web do fanzine coruñés “Mensajes en una botella”. Inclúe BD feita por Emma Ríos.
http://www.simil.com/kikebenlloch/ Web persoal de Kike Benlloch: Contidos interesantes sobre banda deseñada: artigos, críticas, reflexións, etc.,  dentro destas dúas direccións:
http://www.simil.com/kikebenlloch/x_comics.htm http://www.simil.com/kikebenlloch/x_txtbd.htm

http://www.anipike.com/ Presentada como unha guía para o mundo do manga e a animación na rede. Moitos enlaces. Para ir “picando”. (En inglés).
http://www.lool.net/Akira/index.html

Páxina para mergullarse no mundo do manga Akira, creado por Katsuhiro Otomo. Bos links. (En inglés).

http://www.iespana.es/novenoarte/ Páxina de “Novenoarte”. Bandas deseñadas na rede (Diego Blanco e Tito)
 http://www.magoanton.com A web do mago Antón. Chegamos a coincidir con el co espectáculo de Carlos Blanco “Directamente Paco”. Ademais de todas as súas “maxias”, tamén hai banda deseñada de Pepe Carreiro co Mago Antón de prota.
.

http://www.funcomic.dreamers.com Páxina da “Asociación Fun Comic” da Coruña. Moi interesante, entre outras cousas, a "Guía para frikis"
 http://dreamers.com/personajes/gorka/principal.html Páxina oficial da serie "Gorka" da que son coautores Fernando Iglesias (da miña vila) e o meu querido Carlos Portela. Gracias pola túa afable, divertida e intelixente conversa e por deixarme a vosa obra tan interesante.

http://www.lool.net/Akira/index.html

Páxina para mergullarse no mundo do manga Akira, creado por Katsuhiro Otomo. Bos links. (En inglés).
 http://dreamers.com/personajes/gorka/outros_trabalhos.html Máis traballos de Carlos Portela e Fernando Iglesias.
http://members.es.tripod.de/comikaze Páxina do fanzine Comikaze

http://www.iaga.com/museohumor/museo.html  Paxina de “O Museo do Humor”, en Fene. Dirixido por Xaquín Marín. Un sitio especial e único. Tivemos a sorte de levar o espectáculo “Directamente Pazo a Fene”, e alucinamos coas paredes cheas de obras de grandes humoristas gráficos.

http://www.aadteg.org/ Páxina da “Asociación de Actores, Directores e técnicos de escena Galegos”.

www.bravú.net O portal que se actualiza cando se precisa. Tentativa de abrir fronteiras a unha etiqueta que estira como o chicle.

www.bowieart.com Fantástica páxina cun gran deseño. O apartado “Student Artist” permíteche achegarte aos traballos artísticos de multide de persoas que estudian artes plásticas. Non te perdas tampouco o apartado “Audiovisual”. E, como non, podes ve a faceta artística (non musical) do xenial Bowie. (En inglés, ai!!!)

http://etoile-polaire.com Atractiva páxina sobre o que se está a “cocer” na fría Islandia. Fantásticos links. Non vos perdades o de Björk, pero hai outros que nos levan a artistas moi pouco coñecidos por estas terras e á súa persoal obra.

http://cvc.cervantes.es/actcult/muvap/sala1/ Apaixonante apartado dentro da páxina do “Centro virtual Cervantes”(http://cvc.cervantes.es/portada.htm) para os que gustamos da publicidade e a súa análise histórica e crítica. Carteis publicitarios de todos os tempos. Preciosos os antigos.

http://www.terra.es/arte/portada.htm Podes atopar boas cousas: A Exposición Virtual, a Galería, Gaudí, Arte en imaxes, Museos e de todo un pouco.

http://www.allposters.com/ Para mercar, ver ou, sobre todo, baixar imaxes de todo tipo. Hai cousas preciosas.

http://personales.ya.com/planeta/index.html “Planeta Kórneson”. Como se define: “Lo más absurdo de internet”. Ben, xa sabes o que hai. Tes un foro: “La basura del Foro” e todo tipo de tolemias de bo e mal gusto.

http://usuarios.lycos.es/josemaportas/frame.html Para botar unha ollada á fermosa Ría de Arousa e, en concreto, á miña vila inglesa. Información, fotos e datos básicos. Para comezar.

http://viapolis.com Para saber case todo de case todas as cidades. Para estar ao tanto da actualidade artística.

http://arte10.com/ Para estar ao tanto da actualidade artística. http://www.ubicarte.com/ Preciosas páxinas de arte e tamén información sobre o que está a pasar nela.

http://www.periodistadigital.com/ Para ver o que ocorre dentro e fóra dun xeito práctico. Grandes traballos de grandes fotógrafos. Libros, coleccionismo de fotografía e demais.

http://www.magnumphotos.com/ Grandes traballos de grandes fotógrafos. Libros, coleccionismo de fotografía e demais.

http://www.carteleonline.com Todo tipo de carteis. De todo, eh!

http://www.salanasa.com/

http://www.laiguanaclub.com/

http://www.clavicembalo.com/

www.rockclub.es.vg/

 

Catro páxinas de catro salas onde aínda existe a música en directo, entre outras actividades, como as múltiples de NASA. En Santiago, Vigo, Lugo e Ourense, respectivamente. (Non me esquezo de todas esas outras salas e lugares onde tocamos. Gracias a todos.) Dentro da web da “Fundación Caixa Galicia” atopamos unha enorme colección de arte privada

http://www.caixagalicia.es/social/fundación/arte.htm Dentro da web da “Fundación Caixa Galicia” atopamos unha enorme colección de arte privada. Páxina da “Asociación Galega de Productoras Independentes”.

www.agapi.org Páxina da “Asociación Galega de Productoras Independentes”.

http://www.telemadre.com ¡¡?? Flipante.
http://www.spoko.com/ Últimas tendencias en moda, música, depores de deslizamiento...
http://www.cibervision.org/ Fantástica páxina. É arte e moito máis. É cibervision.
http://www.cccb.org/xcentric/ Páxina do “Centre de Cultura Contemporánia” de Barcelona. Gozada estética e de contidos!!
http://www.perfornika.com/index9.htm Atentos, a entrada parece de páxina porno. Nada máis lonxe. Entra e verás.
http://www.tipografos.com/menu.htm Creación de cultura tipográfica. Alucinante!!
http://www.offf.org Creación web, música experimental e novas linguaxes audiovisuais. Unha pasada!!

http://simpsons.metropoliglobal.com/ Os meus amados Simpsons. Aquí atopas episodios, artigos, información, foros, cómics, enlaces...

http://orbita.starmedia.com/~archsimpsons/archsimpsons.htm

“Bienvenidos a Los Archivos Simpsons. Una página donde vas a encontrar Imagenes, animaciones gif, videos, sonidos, guía de episodios y de personajes, download y mucha más información”.

http://www.angelfire.com/pe/futurama/ Outra das miñas series de animación favorita: Futurama (¡¡Matt Groening!!). Isto é o que se di na páxina sobre contidos: “Guía de Episodios en castellano y con las fechas en que salieron. Además cada uno tiene el script completo en inglés. Caracteristicas de cada uno de los personajes principales (y ahora tambien secundarios). Downloads, sonidos, videos, imagenes. Juego de Trivia  Links de futurama en castellano y en inglés, y algunos no referidos a la serie”. Tamén fala de diñeiro fácil, pasade diso.

http://www.portalmix.com/southpark/ Podemos atopar bastantes cousas de “South Park” (música dos incribles, incribles Primus!!): Sons, vídeos, fotos, links, historia, personaxes, diálogos, famosos, etc....

www.guimp.com Remato con esta páxina á que me remitiu Roberto Camba. En internet hai de todo!! (Para ben e mal)