GRAZAS.
DE NOVO ESTAMOS NO HIPERESPAZO.
Grazas
e grazas e grazas (requeterererenormativo). Estas últimas datas a páxina
non viaxaba pola rede. O por que? Resulta que eu tiña contratado o meu
aloxamento cunha compañía moi boa pero cara e resulta que de modo
sorprendente (polo menos para min) as visitas á páxina e as descargas
da mesma triplicáronse como mínimo (e non esaxero nada) dende Xaneiro.
Así que, ante a miña sorpresa os 6 Xigas de transferencia que tiña
contratados ¿¿non chegaban!! E eu que nin sabía que canta
máis xente entrara máis consumía eu tamén??? Xa vedes.
Así que tiven que buscar un aloxamento que me dera máis espacio
de transferencia a un prezo accesible (que non somos ricos!!). Esta é a
causa de que @s que ides á páxina (resulta que sodes máis
d@s catro amig@s que pensabamos) non a encontrarades activa esta temporada ao
igual que o correo manuel@manuelseixas.com, e é a causa de que vos dea
as grazas e de que sigamos tentando que esta páxina-universiño sexa
cada día un pouquiño máis e se pode ser mellor.
Graaazas.
(Pero vaia "rollazo" o do cambio, eh¡¡¡???)